A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Piñor | Observatorio de Vivenda

A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Piñor

A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Piñor

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Piñor, José Luis González.

Neste encontro, no que tamén estivo presente a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron posibles liñas de colaboración, de interese para este municipio ourensán.

A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Fonte.- Xunta de Galicia