A conselleira Allegue reúnese cos tres mozos galegos que foron recoñecidos nos Premios Sector Oficios | Observatorio de Vivenda

A conselleira Allegue reúnese cos tres mozos galegos que foron recoñecidos nos Premios Sector Oficios

A conselleira Allegue reúnese cos tres mozos galegos que foron recoñecidos nos Premios Sector Oficios

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión cos tres mozos galegos que foron recoñecidos nos Premios Sector Oficios.

Neste premios de ámbito nacional resultaron galardoados Joel Martínez, orixinario de Marín, como mellor carpinteiro; Rubén Baz, da Guarda, como mellor montador; e Eduardo Figueiredo, de Salceda de Caselas, como mellor perfil revelación.

Allegue trasladoulles a noraboa da Xunta a estes profesionais, que “coñecen a vivenda e as infraestruturas desde dentro, desde o traballo diario”. Neste sentido, resaltou a importancia de escoitar as experiencias e as opinións dos representantes do sector, especialmente nun contexto no que o Goberno galego está a traballar en distintas direccións para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda.

Esta reunión enmárcase na liña de diálogo que vén mantendo a Xunta co sector, por exemplo, co Clúster da Construción e coa Fundación Galicia Constrúe no ámbito das técnicas industrializadas e na construción de vivenda.

Fonte.- Xunta de Galicia