A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Valga | Observatorio de Vivenda

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Valga

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Valga

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo onte unha reunión de traballo co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro.

Nesta reunión, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio.

Allegue subliñou a aposta da Administración autonómica pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

Fonte.- Xunta de Galicia