A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Salceda de Caselas | Observatorio de Vivenda

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Salceda de Caselas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Salceda de Caselas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira.

Nesta reunión, que se celebrou na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, a conselleira e a alcaldesa trataron posibles actuacións tanto en materia de vivenda como de infraestruturas neste municipio pontevedrés.

M. Allegue quixo salientar a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e reforzar a competitividade do municipio.

Fonte.- Xunta de Galicia