A conselleira M. Allegue mantén un encontro cos representantes do decanato de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade de España | Observatorio de Vivenda

A conselleira M. Allegue mantén un encontro cos representantes do decanato de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade de España

A conselleira M. Allegue mantén un encontro cos representantes do decanato de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade de España

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo en San Caetano un encontro de traballo cos representantes do Decanato de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade de España, encabezados polo decano e o vicedecano, Sebastián Camacho Pita e Cayetano Prada González, respectivamente.

Durante a reunión mantida cos representantes deste colectivo profesional, a Xunta fixo fincapé nas distintas actuacións e medidas que se están a impulsar para facer fronte á demanda da vivenda, de xeito especial a situación da tramitación dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) nos que a Xunta está a traballar para desenvolver solo residencial e facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 delas protexidas (80%).

A Xunta e os representantes dos rexistradores acordaron vías de colaboración para coordinar os trámites de inscrición rexistral dos desenvolvementos de solo residencial.

Fonte.- Xunta de Galicia