A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ames | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ames

A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano, un novo encontro de traballo co alcalde de Ames, Blas García Piñeiro.

Nesta reunión, na que tamén estivo a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, tratáronse temas de interese común para a Xunta e o municipio, de xeito especial en materia de vivenda.

María M. Allegue fixo fincapé no esforzo que está a realizar o Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda.

O departamento que dirixe M. Allegue segue apostando pola colaboración entre administracións co fin de impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.

Un exemplo deste traballo é o protocolo de colaboración asinado o pasado ano, polo que e o Concello cedeu solo municipal para a construción de 218 novas vivendas de promoción pública, que suporán un investimento da Xunta de arredor de 41 M€.

Fonte.- Xunta de Galicia