A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de lobios | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de lobios

A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de lobios

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez.

Nesta reunión, celebrada na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de mellora de infraestruturas, de interese para este municipio ourensán.

Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Fonte.- Xunta de Galicia