A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo

A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo.

Allegue, acompañada pola directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, visitou o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación dos veciños damnificados por mor dos incendios. Informou á veciñanza das liñas das axudas activadas pola Xunta, en materia de vivenda, e trasladou o compromiso de axilizar a tramitación para que as familias poidan comenzar canto antes a recuperación dos fogares.

Cómpre lembrar que as achegas da Xunta poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000€ para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200€ polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as axudas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval.

Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Fonte.- Xunta de Galicia