A conselleira María M. Allegue traslada ao presidente do ICO as medidas da Xunta para incentivar a vivenda protexida | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue traslada ao presidente do ICO as medidas da Xunta para incentivar a vivenda protexida

A conselleira María M. Allegue traslada ao presidente do ICO as medidas da Xunta para incentivar a vivenda protexida

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo unha reunión de traballo co presidente do Instituto de Crédito Oficial (ICO), Manuel Illueca Muñoz. A este encontro, que tivo lugar en San Caetano, asistiron tamén o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta, Heriberto García Porto, e o conselleiro independente do ICO, Santiago Lago Peñas.

Na reunión, Allegue explicou ao responsable do ICO a Estratexia de Desenvolvemento de Solo Residencial, así como o mapa de impulso da vivenda protexida na comunidade que está a desenvolver a Xunta.  Neste senso, a conselleira solicitou a Illueca a colaboración do ICO co sector para facilitar a viabilidade financeira que posibilite a construción de polo menos 15.000 vivendas protexidas en Galicia, no marco da citada estratexia de solo.

Fonte.- Xunta de Galicia