A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Merca | Observatorio de Vivenda

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Merca

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Merca

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense unha reunión de traballo co alcalde da Merca, Manuel Garrido.

Na xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións de interese para este concello, de xeito especial en materia de vivenda e urbanismo.

O Goberno galego continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.

Fonte.- Xunta de Galicia