A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Montederramo | Observatorio de Vivenda

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Montederramo

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Montederramo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Montederramo, Óscar Diéguez González.

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León, abordáronse diferentes actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Fonte.- Xunta de Galicia