A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Monterrei | Observatorio de Vivenda

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Monterrei

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Monterrei

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo a directora territorial da Consellería en Ourense, Pila Fernández León, abordouse o grado de execución das obras no municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Fonte.- Xunta de Galicia