A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Curtis | Observatorio de Vivenda

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Curtis

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Curtis

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos.

Nesta xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse diferentes actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.

Este encontro enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo M. Allegue cos concellos para prestarlles apoio e poder impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Fonte.- Xunta de Galicia