A conselleira Martínez Allegue destaca o compromiso da Xunta coa accesibilidade nas actuacións en materia de infraestruturas e vivenda | Observatorio de Vivenda

A conselleira Martínez Allegue destaca o compromiso da Xunta coa accesibilidade nas actuacións en materia de infraestruturas e vivenda

A conselleira Martínez Allegue destaca o compromiso da Xunta coa accesibilidade nas actuacións en materia de infraestruturas e vivenda

A conselleira Martínez Allegue destaca o compromiso da Xunta coa accesibilidade nas actuacións en materia de infraestruturas e vivenda.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou nas xornadas técnicas de mobilidade organizadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

No marco destas xornadas, a conselleira e persoal da Axencia Galega de Infraestruturas realizaron un pequeno percorrido en cadeira de rodas no entorno do edificio administrativo de San Caetano, que  “axudou a ter unha visión máis certeira do que significan as barreiras arquitectónicas no día a día”.

Unha vez finalizado o acto, a conselleira mantivo unha xuntanza co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, ao que trasladou o compromiso de seguir traballando a prol da accesibilidade nos proxectos da Consellería.

Neste sentido, tamén agradeceu e destacou o labor de Cogami en canto a asesoramentos, peritaxes ou seguimentos nos procesos de construción.

Subliñou que “na Xunta está moi presente o compromiso coa accesibilidade non só nas novas construcións, senón nas reformas, rehabilitacións e nas melloras viarias”.

En relación ás estradas, referiuse ás sendas peonís que a Xunta continúa desenvolvendo nas marxes das vías autonómicas para facilitar desprazamentos seguros, especialmente dos usuarios máis vulnerables.

O Executivo autonómico tamén ten en marcha obras de mellora de accesibilidade e seguridade para acondicionar 1.000 paradas de autobús interurbano en estradas autonómicas.

No eido da vivenda, a conselleira remarcou que o Goberno galego concedeu entre 2022 e 2024 axudas para reforzar a accesibilidade en case 3.000 vivendas, por importe de 18,5 M€.

Para acadar unha Galicia inclusiva e accesible, a conselleira chamou a unir os esforzos e a colaboración de todos os sectores e do conxunto da sociedade.

Fonte.- Xunta de Galicia