A construción de novas vivendas incrementouse un 58% na zona de Ferrol, acorde ao gabinete técnico do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña | Observatorio de Vivenda

A construción de novas vivendas incrementouse un 58% na zona de Ferrol, acorde ao gabinete técnico do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña

A construción de novas vivendas incrementouse un 58% na zona de Ferrol, acorde ao gabinete técnico do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña

A delegación do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña (Coatac) en Ferrol xestionou 157 visados para novas vivendas entre xaneiro e setembro deste ano, destinados a edificacións na cidade e nos concellos da súa área de influencia. Esta cifra representa un crecemento do 58,59 % con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando se tramitaron 99 visados, segundo os datos do gabinete técnico do Coatac.

Na provincia da Coruña, a media tamén experimentou un aumento significativo, cun incremento do 36,36 % nos nove primeiros meses do ano e un total de 1.380 visados, superando por primeira vez nesta década a barreira das 1.300 vivendas no devandito período. Comparado cos 1.012 visados do mesmo período en 2023, este aumento reflicte un bo momento para o sector.

O presidente do Coatac, Carlos Mato, prevé un futuro positivo para a construción, destacando o papel das rehabilitacións, impulsadas polas axudas europeas Next Generation para a mellora enerxética de edificios e vivendas. Sen embargo, Mato sinala a escaseza de man de obra cualificada e os altos prezos dos materiais como os principais desafíos. En canto aos expedientes de dirección de obra en Ferrol, rexistrouse un lixeiro aumento do 2,7 %, pasando de 74 a 76 expedientes, mentres que na provincia se reduciu un 2,64 %, de 1.286 a 1.252.

Fonte.- La Voz de Galicia