A contratación de hipotecas sobre vivendas aumenta un 10,8% e o préstamo medio chega aos 178.365 euros, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

A contratación de hipotecas sobre vivendas aumenta un 10,8% e o préstamo medio chega aos 178.365 euros, segundo o INE

A contratación de hipotecas sobre vivendas aumenta un 10,8% e o préstamo medio chega aos 178.365 euros, segundo o INE

As hipotecas constituídas para a adquisición de vivendas alcanzaron as 45.907 operacións, cun incremento do 10,8%. O tipo de xuro medio situouse no 2,96%, mentres que o importe medio dos préstamos chegou aos 178.365 euros, o nivel máis elevado da serie estatística. O capital destinado a estas operacións superou os 8.188 millóns de euros, cun aumento do 17,5%. As hipotecas a tipo fixo representaron o 61,7% do total, fronte ao 38,3% das de tipo variable, con xuros medios iniciais do 2,89% e do 3,07%, respectivamente.

En Galicia, o comportamento foi diferente ao do conxunto estatal: rexistráronse 1.418 hipotecas sobre vivendas, mentres que o capital concedido ascendeu a 191 millóns de euros. No conxunto das fincas contabilizáronse 1.947 préstamos hipotecarios, dos que 1.907 corresponderon a propiedades urbanas e 40 a rústicas. Andalucía concentrou 9.321 operacións, seguida de Cataluña, con 8.045; Madrid, con 6.976, e a Comunidade Valenciana, con 5.675. Canarias, Castela-A Mancha, a Comunidade Valenciana e Andalucía destacaron polos maiores incrementos no número de hipotecas.

Fonte.- Atlántico