A Coruña rexistra en agosto un aumento no prezo de venda das vivendas

A Coruña rexistra en agosto un aumento no prezo de venda das vivendas

No mes de agosto, A Coruña rexistrou unha suba no prezo das vivendas en venda, manténdose así como a cidade galega máis cara na que comprar unha vivenda, segundo o portal inmobiliario Fotocasa.

Segundo o propio portal, o prezo medio de venda aumentou na cidade un 0,1% en 2020, ata alcanzar os 2.322 euros por metro cadrado de media, aínda que a variación mensual na cidade rexistrou unha baixada do 0,1% entre xullo e agosto deste mesmo ano.

Así, en Galicia cae un 0,1% a variación mensual do prezo da vivenda de segunda man e sobe un 2,7% na súa variación interanual, situando o seu prezo en 1.611 euros por metro cadrado en agosto.

Fonte | El Ideal Gallego