A demanda de alugueiros públicos crece un 25 % en Galicia

A demanda de alugueiros públicos crece un 25 % en Galicia

No rexistro de demandantes de alugueiros no Instituto de Vivenda e Solo hai 12.717 galegos en espera para un alugueiro social (nalgúns casos, con opción a compra). Durante o 2019, a lista creceu en máis de 2.500 persoas (un 25 % de aumento).

O parque de vivendas públicos da Xunta de Galicia o conforman 3.500 inmobles, todos ocupados. De entre os demandantes, o 84 % procuran un alugueiro. A metade destes solicitantes proveñen das cidades de Vigo e A Coruña.

Fonte| La Opinión A Coruña