A demanda de vivenda pública crece un 63% no último ano na provincia de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda pública crece un 63% no último ano na provincia de Pontevedra

A demanda de vivenda pública crece un 63% no último ano na provincia de Pontevedra

En Pontevedra estase a rexistrar un incremento sen precedentes na demanda de vivenda pública, cun aumento do 63% en apenas un ano. Segundo os datos do Rexistro de Demandantes da Xunta, pasouse de 949 a 1.543 familias inscritas, das cales o 90% solicita vivenda protexida. Este crecemento disparado sitúa a Pontevedra como a cidade galega cun maior aumento porcentual, moi por riba doutras urbes como Lugo, Ourense ou Vigo. A comarca tamén amosa unha subida, aínda que máis moderada, destacando os concellos de Marín, Caldas de Reis ou Poio.

O recente anuncio da apertura do sorteo para adxudicar 74 vivendas públicas en Valdecorvos impulsou o rexistro de novas solicitudes, especialmente entre menores de 36 anos, que terán reservado o 50% destas vivendas. Estes pisos, que estarán dispoñibles a partir do primeiro trimestre de 2026, serán adxudicados en réxime de alugueiro accesible entre persoas que residan ou traballen en Pontevedra e estean inscritas no Rexistro da Xunta. Ademais destes edificios xa en construción, está previsto desenvolver outras 108 vivendas protexidas máis no mesmo barrio, así como a rehabilitación de baixos para transformalos en catro vivendas adicionais.

Fonte.- Faro de Vigo