Dez concellos da provincia de Ourense poderán optar ás axudas da Xunta de ata 15.000 euros para a compra de vivendas nos seus centros históricos

Dez concellos da provincia de Ourense poderán optar ás axudas da Xunta de ata 15.000 euros para a compra de vivendas nos seus centros históricos

Dende o pasado 16 de marzo ata o vindeiro 1 de setembro está aberto o prazo de solicitude das axudas para a compra de vivendas en cascos históricos, programa para o que se dispón dun orxamento total de 600.000 euros, case seis veces máis que a dotación coa que saíu convocada o ano pasado.  

Deste xeito, os beneficiarios poderán optar a unha axuda de ata 15.000 euros para financiar a adquisición dunha vivenda xa construída (xa sexa nova, usada ou necesite de rehabilitación) localizada nun dos centros históricos existentes en Galicia. Na provincia de Ourense, poderán acceder a este tipo de axudas os concellos de Allariz, Boborás, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ourense, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Verín, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

A finalidade é a de contribuír a fixar poboación de forma estable nestas zonas, lugares emblemáticos e cunha grande riqueza patrimonial e arquitectónica.

Fonte | Xunta de Galicia