Donald Trump estuda declarar unha emerxencia nacional pola crise da vivenda en Estados Unidos | Observatorio de Vivenda

Donald Trump estuda declarar unha emerxencia nacional pola crise da vivenda en Estados Unidos

Donald Trump estuda declarar unha emerxencia nacional pola crise da vivenda en Estados Unidos

O secretario do Tesouro, Scott Bessent, adiantou que a Administración Trump podería declarar este outono unha emerxencia nacional para afrontar a crise da vivenda nos EE. UU. De cara ás eleccións lexislativas de 2026, Bessent sinalou que a accesibilidade será unha prioridade na campaña republicana e que se están a estudar medidas para reducir trabas burocráticas e abaratar os custos de construción. Trump xa utilizou anteriormente declaracións de emerxencia para aplicar políticas sen pasar polo Congreso de Estados Unidos, e acusa á Reserva Federal de agravar o problema cos altos tipos de interese.