EAPN-Galicia está a realizar unha consulta para poñer en valor o papel que desempeñan as entidades sen ánimo de lucro no acceso á vivenda | Observatorio de Vivenda

EAPN-Galicia está a realizar unha consulta para poñer en valor o papel que desempeñan as entidades sen ánimo de lucro no acceso á vivenda

EAPN-Galicia está a realizar unha consulta para poñer en valor o papel que desempeñan as entidades sen ánimo de lucro no acceso á vivenda

EAPN-Galicia está a realizar unha consulta entre as entidades do Terceiro Sector de Acción Social co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o papel que desempeñan as entidades sen ánimo de lucro na provisión, xestión e acompañamento no acceso á vivenda das persoas en situación ou risco de vulnerabilidade en Galicia.

A información recóllese a través dun formulario dirixido ás entidades do Terceiro Sector que desenvolvan iniciativas relacionadas co acceso, provisión ou acompañamento de persoas no ámbito da vivenda, incluíndo vivendas de acollida, casas de familia, pisos tutelados, vivendas con apoio, vivendas de transición, entre outras. Non é necesario que a entidade xestione vivenda propia, senón que tamén se inclúen aquelas que acompañan, interveñen ou median en procesos de acceso, uso ou mantemento da vivenda.

Compártase a ligazón ao formulario de participación e ás instrucións detalladas. 

A data límite para cumplimentar o formulario é o 31 de xullo de 2025.

Máis información.- EAPN-Galicia