A empresa de investimento e xestión de activos Azora lanza as súas primeiras promocións de vivendas de alugueiro en EEUU | Observatorio de Vivenda

A empresa de investimento e xestión de activos Azora lanza as súas primeiras promocións de vivendas de alugueiro en EEUU

A empresa de investimento e xestión de activos Azora lanza as súas primeiras promocións de vivendas de alugueiro en EEUU

A filial estadounidense de Azora, Advenir Azora, vén de anunciar o lanzamento de catro proxectos residenciais do tipo build to rent (BTR), xunto coa compra dunha promoción de vivendas multifamiliares. Esta iniciativa enmárcase nunha estratexia máis ampla coa que a compañía busca investir até 3.000 millóns de dólares (uns 2.727 millóns de euros) en alugueiros residenciais de alta calidade nos Estados Unidos nos vindeiros cinco anos. Desde a posta en marcha da súa plataforma a finais de 2024, a empresa xa destinou 345 millóns de dólares (313 millóns de euros) a proxectos que suman arredor de 1.300 vivendas, localizadas en cidades con forte crecemento demográfico e limitacións de oferta, como Savannah, Raleigh, Carmel e Bristol.

Fernando Pérez-Hickman, responsable de Azora América, sinalou que estas primeiras operacións amosan a solidez da súa colaboración con Advenir e a capacidade de executar grandes proxectos con axilidade. Pola súa banda, Stephen Vecchitto, fundador de Advenir, subliñou o compromiso da empresa coa creación de vivendas de alugueiro ben xestionadas e adaptadas ás necesidades actuais dos inquilinos. As vivendas destacan por un deseño moderno, espazos verdes e servizos comunitarios, con tipoloxías que van desde casas unifamiliares ata adosados e pareados, con entre un e tres dormitorios. A compañía ten como obxectivo final desenvolver 10.000 vivendas unifamiliares de alugueiro e adquirir 5.000 unidades multifamiliares nos Estados Unidos.

Fonte.- Idealista