A escola infantil de Vilaxoan obtén unha mención nos premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia do 2020

A escola infantil de Vilaxoan obtén unha mención nos premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia do 2020

O proxecto arquitectónico da Escola Infantil de Vilaxoán, encargado polo Concello de Vilagarcía ao arquitecto Iago Fernández Puentes, obtivo unha mención nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Este non é o primeiro recoñecemento que obtén a obra, xa que no 2019 se lle concedeu un accésit nos Premios Juana de Vega de Intervención no Paisaxe.

A obra é un exemplo de boa arquitectura e das intervencións urbanísticas de calidade, xa que pon en valor as características e calidade do conxunto da obra en termos arquitectónicos, de estética, de adaptación á contorna e de funcionalidade.

Fonte | Faro de Vigo