España debe rehabilitar máis do 80% do parque inmobiliario, segundo os expertos reunidos na 16ª Conferencia Española Passivhouse | Observatorio de Vivenda

España debe rehabilitar máis do 80% do parque inmobiliario, segundo os expertos reunidos na 16ª Conferencia Española Passivhouse

España debe rehabilitar máis do 80% do parque inmobiliario, segundo os expertos reunidos na 16ª Conferencia Española Passivhouse

A nova Directiva Europea de Eficiencia Enerxética en Edificios (EPBD) obriga aos países da Unión a reformar todo o parque inmobiliario de aquí a 2050, para que todos os edificios sexan de cero emisións e, así, contribúan á neutralidade climática. No caso de España, o reto é especialmente grande, xa que máis do 80% dos edificios non cumpre cos requisitos esixidos, polo que deben ser rehabilitados nos próximos 25 anos se se queren alcanzar os obxectivos europeos.

Na recente 16ª Conferencia Española Passivhouse (16CEPH), expertos no ámbito da eficiencia enerxética fixeron unha serie de recomendacións para mellorar a calificación dos edificios e avanzar cara a unha maior eficiencia. Propuxeron reducir a demanda enerxética mediante medidas pasivas, como a mellora do illamento e da hermeticidade, e instalar tecnoloxías de climatización eficiente, como as bombas de calor multifuncionais en substitución das caldeiras tradicionais. Unha vez reducida a demanda, a introdución de elementos de autoxeración de enerxía renovable, como paneis solares, é fundamental para reducir tanto a factura da luz como o impacto ambiental.

En España, o estándar 'passivhaus', que certifica edificios de cero emisións, xa conta con case 500 proxectos certificados, que abarcan máis de 400.000 metros cadrados rehabilitados. Con esta cifra, España é o terceiro país a nivel mundial en número de certificacións 'passivhaus'. Segundo os datos presentados na 16CEPH, en Europa deberán rehabilitarse arredor de 35 millóns de edificios, sendo España un dos países onde esta renovación é máis necesaria, dada a alta porcentaxe de poboación que reside en bloques de pisos.

Fonte.- Idealista