Ferrol sumará 58 novas vivendas de promoción pública cun investimento superior aos 10 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

Ferrol sumará 58 novas vivendas de promoción pública cun investimento superior aos 10 millóns de euros

Ferrol sumará 58 novas vivendas de promoción pública cun investimento superior aos 10 millóns de euros

O Consello da Xunta aprobou a licitación das obras para construír 58 vivendas de promoción pública no sector PP-1-R de O Bertón, en Ferrol. A actuación conta cun orzamento de 10,1 millóns de euros e desenvolverase na parcela 14 deste ámbito urbanístico, coa finalidade de incrementar a oferta de vivenda pública no municipio.

O proxecto prevé a construción dun edificio que ocupará a totalidade da parcela, cunha superficie aproximada de 1.935 metros cadrados. O inmoble incluirá unha planta de soto destinada a garaxes, rochos e instalacións, ademais dunha planta baixa con soportais de uso público, seis portais de acceso, espazos para servizos comunitarios, catro locais comerciais e zonas destinadas á xestión de residuos. As plantas superiores estarán destinadas integramente a uso residencial.

Fonte.- La Voz de Galicia