Fondo de cooperación cos concellos en nova construción | Observatorio de Vivenda

Fondo de cooperación cos concellos en nova construción

Fondo de cooperación cos concellos en nova construción

Convocatoria de acceso ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción para o ano 2025 cun importe de 10.000.000 euros. 

Con cargo ao Fondo de cooperación poderán financiarse, total ou parcialmente, actuacións en promocións de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través de outros promotores públicos ou privados, urbanizacións dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear unha ou máis parcelas aptas para a edificación e de adquisición de solo para a promoción de inmobles de nova construción para a súa cualificación como vivendas protexidas. 

O prazo de presentación de solicitudes comezará unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de outubro de 2025 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario. 

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información