Fondo de cooperación cos concellos en rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Fondo de cooperación cos concellos en rehabilitación

Fondo de cooperación cos concellos en rehabilitación

Inclúense actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, cun importe de 3.718.069,00 euros.

Con cargo ao Fondo de cooperación poderán financiarse, total ou parcialmente, actuacións municipais relacionadas coa rehabilitación, rexeneración urbana, urbanización de viais, remate de edificacións inacabadas, adquisición de inmobles e elaboración de plans especiais. Estas accións deben aliñarse coas competencias urbanísticas e de conservación do patrimonio.

O prazo de presentación de solicitudes comezará unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e finalizará o 15 de outubro de 2025 ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información