Fotocasa sitúa Narón entre os municipios costeiros máis económicos para alugar e Sanxenxo entre os máis caros de Galicia | Observatorio de Vivenda

Fotocasa sitúa Narón entre os municipios costeiros máis económicos para alugar e Sanxenxo entre os máis caros de Galicia

Fotocasa sitúa Narón entre os municipios costeiros máis económicos para alugar e Sanxenxo entre os máis caros de Galicia

O mercado do alugueiro na costa galega presenta importantes diferenzas entre municipios, segundo unha análise de Fotocasa con datos de xuño de 2026. Narón figura como o segundo municipio costeiro máis económico de España para alugar unha vivenda, cun prezo medio de 7,78 euros por metro cadrado, o que supón uns 622 euros mensuais para unha vivenda de 80 metros cadrados. Tamén destacan entre os destinos costeiros máis accesibles Cedeira (8,24 €/m²), Ferrol (9,16 €/m²), Arteixo (9,74 €/m²) e Barreiros (9,92 €/m²). No extremo oposto sitúase Sanxenxo, con 16,90 euros por metro cadrado e unha renda media mensual de 1.352 euros, seguida de Nigrán (14,94 €/m²), Porto do Son (14,52 €/m²) e Baiona (13,27 €/m²).

O estudo tamén reflicte unha evolución desigual dos prezos. Na Coruña, o alugueiro alcanza os 12,55 euros por metro cadrado, un 50% máis que hai cinco anos, mentres que en Ferrol o incremento acumulado no mesmo período chega ao 68%. Vigo rexistra unha subida interanual do 10,5% e un aumento do 35% desde 2021. Pola contra, Foz experimenta unha caída anual do 15,8%. Fotocasa sinala que o 40% dos municipios costeiros analizados en España supera xa o prezo medio nacional do alugueiro debido ao incremento da demanda, o peso do turismo residencial e a limitada oferta dispoñible, factores que intensifican a presión sobre o acceso á vivenda.

Fonte.- El Correo Gallego