Galicia necesita incorporar 18.000 vivendas a prezos accesibles para reducir a presión sobre as familias e mellorar o acceso á vivenda | Observatorio de Vivenda

Galicia necesita incorporar 18.000 vivendas a prezos accesibles para reducir a presión sobre as familias e mellorar o acceso á vivenda

Galicia necesita incorporar 18.000 vivendas a prezos accesibles para reducir a presión sobre as familias e mellorar o acceso á vivenda

Galicia precisa 18.000 vivendas accesibles para estabilizar o mercado, segundo o informe “Vivenda Asequible en España 2024” da consultora Atlas Real Estate Analytics. Este volume permitiría que as familias galegas non destinen máis do 30% dos seus ingresos ao pagamento de alugueiros ou hipotecas.

As provincias máis afectadas son A Coruña e Pontevedra, cada unha coa necesidade de sumar 7.000 vivendas, mentres que Lugo e Ourense precisarían 2.000 en cada caso. A nivel nacional, o informe estima que se necesitan 3,5 millóns de vivendas accesibles para estabilizar o mercado inmobiliario, sendo Madrid, Barcelona e Alicante as provincias máis demandantes.

O estudo apunta como causas principais a baixa construción de vivendas públicas, que caeu drasticamente desde os anos 90, e o incremento dos custos de construción, que se elevaron un 58,5% desde 2006. Ademais, sinala que os impostos representan ata o 30% do prezo final da vivenda, dificultando aínda máis a súa accesibilidade.

A Xunta prevé construír 4.000 vivendas nesta lexislatura e sumar 20.000 vivendas protexidas no futuro.

Fonte.- Faro de Vigo