Galicia rexistra 1.418 hipotecas sobre vivendas en xuño, un 7,3% interanual menos, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

Galicia rexistra 1.418 hipotecas sobre vivendas en xuño, un 7,3% interanual menos, segundo o INE

Galicia rexistra 1.418 hipotecas sobre vivendas en xuño, un 7,3% interanual menos, segundo o INE

A contratación de hipotecas sobre vivendas en Galicia situouse en 1.418 operacións, o que supón un descenso interanual do 7,3%. O capital prestado achegouse aos 192 millóns de euros e o importe medio foi de 135.395 euros, uns 42.970 euros por baixo da media estatal. Por provincias, A Coruña concentrou 644 operacións, Pontevedra 499, Lugo 170 e Ourense 105. No conxunto da comunidade canceláronse 1.442 hipotecas sobre vivendas.

As hipotecas sobre o conxunto das fincas alcanzaron en Galicia as 1.947 operacións, das que 1.907 corresponderon a fincas urbanas e 40 a rústicas. Entre as urbanas contabilizáronse, ademais das destinadas a vivendas, cinco operacións sobre solares e 484 sobre outros inmobles, como oficinas, garaxes e rochos. A evolución galega contrasta coa estatal, onde as hipotecas sobre vivendas alcanzaron as 45.907 operacións e rexistraron un incremento do 10,8%, cun crecemento acumulado do 7% no primeiro semestre.

Fonte.- La Voz de Galicia