Galicia rexistra unha caída das compravendas con incremento do valor medio das vivendas, segundo datos do Ministerio | Observatorio de Vivenda

Galicia rexistra unha caída das compravendas con incremento do valor medio das vivendas, segundo datos do Ministerio

Galicia rexistra unha caída das compravendas con incremento do valor medio das vivendas, segundo datos do Ministerio

A compravenda de vivenda en Galicia pechou o primeiro trimestre de 2026 con 6.068 operacións, un 16,6% menos que no mesmo período do ano anterior, cando se contabilizaran 7.279 transaccións, segundo os datos provisionais do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. O descenso afectou ás catro provincias, especialmente a Pontevedra, que pasou de 3.109 a 2.514 operacións, e Ourense, con 1.810 fronte ás 2.265 anteriores. Entre as principais cidades, Vigo rexistrou a maior contracción, cunha baixada do 29,3%, seguida de Ferrol (-27,1%), Ourense (-24,6%) e A Coruña (-20,9%). A vivenda de segunda man continuou concentrando unha parte relevante da actividade residencial.

A redución das operacións produciuse nun contexto de incremento do valor medio da vivenda libre en Galicia, que alcanzou os 156.036 euros, un 10,3% máis en termos interanuais. O encarecemento concentrouse principalmente na vivenda usada, cun importe medio de 153.119 euros, un 12,2% superior, mentres que a obra nova mostrou unha lixeira moderación, cun descenso próximo ao 1% ata os 198.817 euros. Representantes do sector inmobiliario apuntan que a menor actividade non responde a unha caída da demanda, senón ás maiores dificultades financeiras para acceder á compra, derivadas do aumento dos prezos e do maior esforzo hipotecario necesario.

Fonte.- Faro de Vigo