
Segundo o Instituto Nacional de Estatística en Galicia existen unhas 300.000 vivendas baleiras o que supón un tres por cento do total da Unión Europea, onde na actualidade existen dez millóns de inmobles sen habitar, e un vinte por cento do total das existentes en España, 1,6 millóns.
En canto a habitabilidade hai tres cidades galegas entre as que contan con máis vivendas baleiras do total do estado, segundo o informe de Indicadores Urbanos do INE, e estas son Ourense, Lugo e Ferrol co 21,7 % 20, 7 % e 19, 7 % de vivendas sen habitar respectivamente. En canto ás outras 4 cidades galegas tan só Vigo co 13% esta por debaixo da media nacional, un 13, 6 % , mentres que Pontevedra (17, 4 %) Santiago (16,9 %) e A Coruña (14, 2%) sitúanse por riba.
Fonte.- Nós