A Generalitat de Cataluña presenta unha nova liña de préstamo pola que se financiará sen intereses o 20% da entrada aos mozos para a súa primeira vivenda | Observatorio de Vivenda

A Generalitat de Cataluña presenta unha nova liña de préstamo pola que se financiará sen intereses o 20% da entrada aos mozos para a súa primeira vivenda

A Generalitat de Cataluña presenta unha nova liña de préstamo pola que se financiará sen intereses o 20% da entrada aos mozos para a súa primeira vivenda

O Goberno catalán vén de anunciar unha nova liña de préstamos sen xuros destinada a facilitar a emancipación da mocidade que queira mercar a súa primeira vivenda, sempre que sexa de segunda man. Co nome de Préstecs Emancipació, o obxectivo é cubrir o 20% do prezo do inmoble e aprazar a devolución da axuda ata que se salde a hipoteca. A cambio, os pisos adquiridos con esta fórmula pasarán a ser considerados vivendas de protección oficial de forma permanente, co seu prezo regulado para evitar especulacións. Esta medida, enmarcada no plan de vivenda da Generalitat, pretende combater a crise habitacional e ampliar o parque de vivenda pública, cunha inversión prevista de 500 millóns de euros ata o 2029.

Este novo instrumento súmase a unha estratexia máis ampla que ten como meta crear 50.000 vivendas públicas ata o 2030, cunha inversión total de 4.400 millóns de euros. O presidente Salvador Illa destaca que o acceso á vivenda é clave para que a prosperidade económica chegue a toda a cidadanía. Xa están en marcha proxectos para construír máis de 21.000 pisos grazas á cesión de terreos públicos por parte de 226 concellos. Estes novos inmobles reservarán prazas para mozos e persoas vulnerables. Ademais, o Govern está a adquirir vivendas a grandes fondos mediante dereitos de tanteo e retracto, como demostran as recentes compras de pisos a Inmocaixa e Divarian. Para xestionar este crecemento, reforzarase o persoal das axencias públicas de vivenda e urbanismo, o que permitirá dobrar o parque público catalán do 2,5% ao 5% nun prazo de cinco anos.

Fonte.- El Pais