As hipotecas verdes en España buscan crecer mediante a rehabilitación das vivendas

As hipotecas verdes en España buscan crecer mediante a rehabilitación das vivendas

As famosas hipotecas verdes, créditos con mellores condicións, premiando o baixo consumo da vivenda e ligando o tipo de interese á eficiencia enerxética, atopan na rehabilitación unha canle de crecemento con moito potencial. A pesar de inicialmente ser ofrecidas a promotores para a construción de vivenda nova, xa hai entidades bancarias que as ofrecen a particulares e comezan a ver na rehabilitación un importante mercado. Pois a gran maioría das vivendas en España foron construídas antes de 2001 e, por tanto, sen cualificación enerxética. En 2018, a concesión de hipotecas verdes incrementouse nun 36 por cento no país, en datos do banco Triodos Bank.

Fonte.- El Diario