Madrid traballa nunha nova ordenanza que mellorará a habitabilidade das futuras vivendas

Madrid traballa nunha nova ordenanza que mellorará a habitabilidade das futuras vivendas

O Concello de Madrid, a través da Área Delegada de Vivenda, está traballando nunha nova ordenanza que mellorará a habitabilidade das futuras vivendas que se construirán na capital, tralas deficiencias detectadas en moitas casas polo consistorio, durante o confinamento provocado pola COVID-19. O obxectivo é elaborar un novo texto que regule as características físicas dos inmobles da capital, dirixido a mellorar certos aspectos como as condicións hixiénicas, a estrutura de terrazas, balcóns e azoteas, o benestar térmico dos eficios, a súa iluminación e o aillamento acústico ou o deseño dos espacios comúns para adaptalos ás necesidades do teletraballo. 

Esta nova ordenanza forma parte dos Acordos da Vila, unha das 352 medidas que negociaron tódolos grupos municipais con representación no Concello de Madrid para iniciar a recontrucción económica e social da capital trala crise sanitaria provocada pola COVID-19. 

 

Fonte | idealista