Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta de ata 15.000 euros para a adquisición de vivendas en centros históricos antes do 2 de outubro

Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta de ata 15.000 euros para a adquisición de vivendas en centros históricos antes do 2 de outubro

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, lembrou que a Xunta ten aberto ata o próximo 2 de outubro o prazo de solicitude das axudas de ata 15.000 euros para a adquisición de vivendas en centros históricos. Aneiros explicou que esta liña de financiamento conta este ano cun orzamento inicial de 500.000 euros.

Segundo explicou a delegada territorial, “esta iniciativa pretende contribuír revitalizar os casos históricos das cidades, favorecendo que a xente se queira quedar a vivir neles, á vez que promove a recuperación do patrimonio xa construído e facilita o acceso a unha vivenda”. A través desta convocatoria incluída no Pacto social pola vivenda de Galicia 2021-2025, a Xunta de Galicia concedeu en 2022 nove axudas valoradas en 83.600 euros nos concellos de Ferrol, Pontedeume e San Sadurniño.

Fonte.- Xunta de Galicia