Medran un 19% os visados de obra nova no primeiro semestre, cun 25% de incremento na vivenda colectiva, según datos do COAG | Observatorio de Vivenda

Medran un 19% os visados de obra nova no primeiro semestre, cun 25% de incremento na vivenda colectiva, según datos do COAG

Medran un 19% os visados de obra nova no primeiro semestre, cun 25% de incremento na vivenda colectiva, según datos do COAG

O balance do Colexio de Arquitectos de Galicia revela que no primeiro semestre do ano os visados para novas edificacións medraron un 19%, destacando especialmente a vivenda colectiva cun incremento do 25%. Pola contra, o segmento unifamiliar está practicamente estancado, xa que os elevados custos de construción fan que sexa un produto inasumible para boa parte da poboación, segundo advertiu o decano do COAG, Luciano Alfaya.

A análise dos permisos mostra que a actividade está fortemente concentrada nas urbes principais e nos municipios costeiros. Vigo lidera con 676 proxectos ata maio, case o dobre que o ano anterior, seguida por A Coruña (458) e Sanxenxo (342), que multiplica por cinco as súas cifras. Outros concellos con forte dinamismo son Lugo (304), Santiago (255), Pontevedra (195), Ourense (144) e Vilagarcía (104). Tamén destacan os incrementos en Arteixo, Miño, Cangas e Carnota, mentres que Oleiros, a pesar dunha caída do 67%, prevé 98 novas vivendas.

Fonte.- Faro de Vigo