A moderación das hipotecas impulsa un repunte do prezo da vivenda no Reino Unido, segundo o índice de Lloyds | Observatorio de Vivenda

A moderación das hipotecas impulsa un repunte do prezo da vivenda no Reino Unido, segundo o índice de Lloyds

A moderación das hipotecas impulsa un repunte do prezo da vivenda no Reino Unido, segundo o índice de Lloyds

O prezo medio da vivenda no Reino Unido aumentou un 0,2 % e situouse en 299.330 libras esterlinas, segundo o índice de prezos da vivenda de Lloyds, que substitúe a denominación anterior de Halifax sen cambios na metodoloxía empregada. O incremento mensual rompe coa tendencia de catro meses de descensos e en termos interanuais, acelerouse lixeiramente ata o 0,6 %, aínda que no balance trimestral os prezos rexistraron unha caída do 0,4 %. Entre as persoas que adquiren a súa primeira vivenda, o prezo medio alcanzou as 240.433 libras, cun incremento interanual do 0,8 %. 

A entidade atribúe esta evolución á moderación dos tipos hipotecarios, que está a favorecer a demanda, aínda que o acceso á vivenda continúa condicionado polas limitacións de solvencia dos compradores. Lloyds considera que a evolución futura do mercado dependerá da continuidade da baixada da inflación, da redución dos custos de financiamento e da mellora gradual da confianza dos fogares.

Fonte.- MarketScreener