Nigrán aproba provisionalmente o PXOM que prevé ata 5.578 vivendas, un 30 % de protección oficial e restricións aos alugueiros turísticos | Observatorio de Vivenda

Nigrán aproba provisionalmente o PXOM que prevé ata 5.578 vivendas, un 30 % de protección oficial e restricións aos alugueiros turísticos

Nigrán aproba provisionalmente o PXOM que prevé ata 5.578 vivendas, un 30 % de protección oficial e restricións aos alugueiros turísticos

O Concello de Nigrán aprobou provisionalmente o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que queda pendente da aprobación definitiva por parte da Xunta. O documento contempla unha capacidade máxima para construír 5.578 novas vivendas, aínda que a previsión municipal sitúa a oferta efectiva en 3.998 inmobles ata o horizonte de 2039. O plan establece que o 30 % das novas promocións residenciais deberán destinarse a vivenda protexida e prevé a ampliación do solo urbanizable para facilitar a creación de novos ámbitos residenciais e incrementar a oferta de vivenda nun municipio que actualmente conta con 11.587 vivendas.

O PXOM incorpora tamén a primeira regulación municipal das vivendas de uso turístico, limitando a implantación de novos pisos turísticos ao litoral e establecendo condicións específicas segundo as zonas. Ademais, reserva máis de 180.000 metros cadrados para espazos libres e zonas verdes e outros 44.000 metros cadrados para equipamentos públicos, apostando por concentrar o crecemento nas parroquias rurais. Durante a súa tramitación, o documento recibiu 1.397 alegacións e contou con 44 informes sectoriais.

Fonte.- La Voz de Galicia