Nos últimos dez anos duplicouse o número de vivendas herdadas en Galicia

Nos últimos dez anos duplicouse o número de vivendas herdadas en Galicia

Dende 2013, o número de vivendas herdadas aumentou un 114%, co que as vivendas deste tipo na comunidade galega rebasan as 10.000 na actualidade, segundo unha análise realizado por Inmobiliarias Encuentro. O progresivo envellecemento da poboación e o feito de que as xeracións sénior sexan as que maioritariamente poseen vivendas en propiedade, sumado ao impacto que tivo a pandemia, son factores que poderían explicar este aumento na tendencia. 

O avance en Galicia é moito máis acusado que o promedio en España, onde o ano pasado a cifra creceu un pouco máis do 50% con respecto a 2013, mentres que noutras comunidades como Andalucía e a Comunidade Valenciana aumentou preto do 80%. No exercicio pasado as vivendas herdadas foron de máis de 199.000, o que supón a subida do 50,4% na última década, onde apenas alcanzaba as 133.000. 

O estudo de Inmobiliarias Encuentro tamén apunta que, pese ao repunte do período, comparado co 2021 produciuse un lixeiro descenso, algo que os expertos explican pola pandemia, que provocou un boom que, unha vez pasado, fixo que os números volvesen á normalidade. Os mesmos datos mostran que o crecemento no 2022 foi de pouco máis dun milleiro de vivendas, o que consolida a tendencia á alza despois de que no 2021 alcanzásese o tope de máis de 201.000 vivendas herdadas.

Fonte.- La Voz de Galicia