Nova York impulsa un programa público para reducir entre un 20% e un 30% os seguros de vivenda asequible | Observatorio de Vivenda

Nova York impulsa un programa público para reducir entre un 20% e un 30% os seguros de vivenda asequible

Nova York impulsa un programa público para reducir entre un 20% e un 30% os seguros de vivenda asequible

A cidade de Nova York formula a creación dun programa público destinado a reducir o custo dos seguros en edificios de vivenda con alugueiros regulados ou accesibles. A iniciativa prevé unha diminución das primas de entre o 20% e o 30%, cunha implantación inicial que abarcaría arredor de 20.000 fogares e que podería ampliarse ata 100.000 vivendas. O obxectivo é intervir nun dos compoñentes que máis presión exerce sobre os custos operativos destes inmobles, nun contexto de incremento continuado das primas, que rexistraron unha subida do 10,5% nun exercicio recente.

O plan contempla o uso de fondos públicos para respaldar pólizas xestionadas por operadores privados baixo supervisión municipal, co fin de reducir custos estruturais do mercado asegurador. Segundo estimacións municipais, cada aumento de 100 dólares nas primas pode elevar en 1.200 dólares o custo público de construción por vivenda, o que repercute directamente na promoción de vivenda accesible. A medida pretende mellorar a viabilidade económica do parque existente e facilitar novos desenvolvementos, aínda que permanece en fase inicial e require definición de aspectos como o investimento necesario e os criterios de acceso.

Fonte.- Idealista