O 15,2% das persoas mozas vive fóra do fogar familiar, segundo o último informe do Observatorio de Emancipación do Consello da Mocidade de España | Observatorio de Vivenda

O 15,2% das persoas mozas vive fóra do fogar familiar, segundo o último informe do Observatorio de Emancipación do Consello da Mocidade de España

O 15,2% das persoas mozas vive fóra do fogar familiar, segundo o último informe do Observatorio de Emancipación do Consello da Mocidade de España

O Consello da Xuventude de España advirte de que a emancipación xuvenil está en mínimos históricos: só o 15,2% da mocidade vive fóra da casa familiar, a taxa máis baixa desde 2006, segundo o seu último informe publicado. A razón principal é o custo da vivenda, xa que o alugueiro medio chegou aos 1.080 euros mensuais, cun aumento do 11,6% respecto ao ano anterior. Isto implica que unha persoa nova asalariada tería que dedicar máis do 90% do seu soldo só ao alugueiro, algo insostible que obriga a prolongar a convivencia coa familia ou a compartir piso. Mesmo optar por unha habitación, cun prezo medio de 380 euros, supón unha carga excesiva para uns ingresos que xa son limitados.

A situación tampouco mellora no mercado de compra, onde o prezo medio dunha vivenda rolda os 197.000 euros, o que equivalería a 14 anos de salario xuvenil. Só a entrada inicial require arredor de 59.000 euros, case catro anos de soldo completo, algo inasumible para quen se atopa en condicións laborais marcadas pola precariedade. Esta combinación de altos custos e salarios insuficientes atrasa cada vez máis a independencia residencial, convertendo o acceso a unha vivenda digna nun reto que a maioría da mocidade non pode afrontar a curto prazo. 

O informe tamén pon o foco no nivel educativo da mocidade, amosando que máis de seis de cada dez persoas novas superaron a educación obrigatoria e case un 30% ten estudos superiores. Esta mellora formativa tradúcese nunha menor taxa de desemprego entre quen posúe titulación universitaria, que se sitúa no 13,4%, mentres que sobe ata o 42,3% para quen só rematou estudos primarios.

Fonte.- Valenciaextra