O alugueiro mantén a tendencia alcista cun incremento do 4 % no mes de maio, segundo idealista | Observatorio de Vivenda

O alugueiro mantén a tendencia alcista cun incremento do 4 % no mes de maio, segundo idealista

O alugueiro mantén a tendencia alcista cun incremento do 4 % no mes de maio, segundo idealista

O prezo medio do alugueiro en España situouse en 15,1 euros por metro cadrado ao mes, o valor máis elevado rexistrado por Idealista, tras experimentar un incremento interanual do 4 %. A evolución recente mostra un aumento do 0,4 % respecto ao mes anterior e do 0,3 % no trimestre. A maioría das capitais provinciais rexistraron incrementos das rendas, con excepción de Barcelona, onde os prezos descenderon un 6,1 %, e Tarragona, cunha caída do 1,2 %. Entre os maiores aumentos destacan Toledo (12,8 %), Soria (12,2 %), Huelva (12 %) e Cidade Real (11,8 %). Nos principais mercados urbanos tamén se observaron incrementos significativos, como en Madrid (7,8 %), Palma (8,2 %), Alicante (8,3 %), Sevilla (6,7 %), Málaga (5,2 %) e Valencia (5,1 %).

A nivel autonómico, Castela-A Mancha liderou os incrementos das rendas cun 10,7 %, seguida de Asturias (9,3 %), Aragón (9 %) e a Comunidade de Madrid (7,7 %). Cataluña (-9,5 %) e Cantabria (-3,3 %) foron as únicas comunidades con descensos. Madrid mantense como o mercado máis caro para alugar, cun prezo de 21,4 euros por metro cadrado, por diante de Baleares (20,1 euros/m²) e Cataluña (17,2 euros/m²). Por provincias, os maiores incrementos rexistráronse en Toledo (12,4 %), Albacete (12,1 %) e Palencia (11,5 %), mentres que Barcelona experimentou a maior caída, cun descenso do 8,8 %. Segundo idealista, a evolución dos prezos continúa marcada por unha forte presión da demanda e unha oferta insuficiente en boa parte do territorio.

Fonte.- Idealista