O aumento dos prezos da vivenda en Europa alimenta a preocupación pola resistencia do mercado | Observatorio de Vivenda

O aumento dos prezos da vivenda en Europa alimenta a preocupación pola resistencia do mercado

O aumento dos prezos da vivenda en Europa alimenta a preocupación pola resistencia do mercado

Cunha profunda recesión mundial causada pola pandemia do coronavirus, as valoracións das propiedades seguiron aumentando en moitos países. O crecemento dos prezos das vivendas acelerouse a un ritmo anual de case o 4% no clube de países ricos da OCDE este ano, con aumentos aínda máis rápidos en Europa e os Estados Unidos.

Porén, algúns financistas preguntanse se só é cuestión de tempo que as repercusións económicas da pandemia alcancen ao crecente mercado inmobiliario europeo, especialmente despois de que moitos países volveran a impoñer peches para combatir unha nova ola de infeccións.

Producíronse subas de prezos aínda máis acusadas en gran parte de Europa, en particular en Alemaña, os Países Baixos, Portugal e Polonia. Os prezos en Rusia disparáronse un 15%, impulsados polos subsidios estatais. 

A medida que os custos da vivenda siguen aumentando, a pandemia está impulsando a algunhas persoas a abandonar os lugares caros da cidade en busca de máis espazo. 

Un problema que se espera se resolva nos próximos exercicios.

Fonte | Financial Times