O bloqueo político afecta á vivenda

O bloqueo político afecta á vivenda

O desacordo político e a situación de bloqueo está a afectar á efectividade das medidas propostas polo Goberno en canto á situación da vivenda. No primeiro trimestre do ano rexistráronse de media 110 desafiuzamentos ao día, en total máis de 10.000, por impago da renda polo alugueiro. Ademais, os prezos, lonxe de estabilizarse, seguen aumentando e superando os máximos históricos en épocas previas á crise. A pila de medidas propostas polo Goberno antes das eleccións atópanse na súa maioría paradas e, polo tanto, ineficaces.

Fonte.- El Mundo