O COAG informa dun incremento do 39% nos visados de vivenda nova en Galicia en 2025 | Observatorio de Vivenda

O COAG informa dun incremento do 39% nos visados de vivenda nova en Galicia en 2025

O COAG informa dun incremento do 39% nos visados de vivenda nova en Galicia en 2025

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou na súa sede de Santiago de Compostela os datos anuais de visado de vivendas de nova planta en Galicia, que acadaron as 4.839 unidades, o que supón un incremento do 39% respecto ao exercicio anterior. Máis dun milleiro destas infraestruturas localízanse nas provincias da Coruña e Pontevedra. As cidades da Coruña e Pontevedra lideran o volume de visados con 716 e 641 respectivamente, seguidas por Vigo (484), Lugo (228) e Ferrol (106). Pola contra, Ourense non rexistrou ningunha vivenda plurifamiliar e contabilizou 135 unifamiliares, a cifra máis baixa do último lustro. En Santiago visáronse 73 vivendas, nun contexto de descenso tras o crecemento previo, mentres Ames experimentou unha evolución destacada.

Do total de vivendas visadas, 3.374 foron colectivas, cun aumento do 59%, mentres que as 1.465 unifamiliares creceron por baixo do 10%. O decano do COAG, Luciano Alfaya, indicou que as cifras actuais apenas representan arredor do 10% das rexistradas antes da crise inmobiliaria, cando en 2006 se visaron 46.810 vivendas en Galicia. O tempo medio entre o visado e a finalización dunha promoción sitúase en 43 meses, polo que as actuacións aprobadas rematarían arredor de 2028. O informe tamén apunta á concentración do crecemento no Eixe Atlántico, con municipios como Sanxenxo (606 vivendas e 33,69 por cada 1.000 habitantes) e Oleiros (390 e 10,06 por cada 1.000), nun contexto no que inflúen factores como a planificación urbanística, a dispoñibilidade de solo, o descenso continuado dos prezos dos materiais e as dificultades para atopar man de obra.

Fonte.- GaliciaPress