O Colexio de Rexistradores constata unha caída das compravendas e novos máximos históricos nos prezos da vivenda no segundo trimestre de 2026 | Observatorio de Vivenda

O Colexio de Rexistradores constata unha caída das compravendas e novos máximos históricos nos prezos da vivenda no segundo trimestre de 2026

O Colexio de Rexistradores constata unha caída das compravendas e novos máximos históricos nos prezos da vivenda no segundo trimestre de 2026

O Colexio de Rexistradores indica que o mercado residencial rexistrou un descenso trimestral do 5,7 % nas compravendas de vivenda, ata as 167.934 operacións, o segundo retroceso consecutivo e o nivel máis baixo dos últimos sete trimestres. En comparación co mesmo período do ano anterior, a caída foi do 2,3 %. A compravenda de vivenda nova reducise nun 11,5 %, alcanzando 34.919 compravendas, mentres que a vivenda usada baixou un 4 %, con 133.015 transaccións. Pola contra, a demanda estranxeira continuou aumentando e alcanzou un máximo histórico, representando o 15,98 % das compras, e destacando a participación de compradores do Reino Unido, Países Baixos e Alemaña.

Doutra banda, o Índice de Prezos de Vivenda de Vendas Repetidas aumentou un 3,14 % respecto ao trimestre anterior e un 16,7 % en taxa interanual, mentres que o prezo medio situouse en 2.487 euros por metro cadrado, un 2,4 % máis, tamén en récord histórico. A vivenda usada alcanzou os 2.448 euros por metro cadrado tras subir un 3,5 %, mentres que a vivenda nova descendeu un 0,7 %, ata os 2.636 euros por metro cadrado. No caso das hipotecas sobre vivenda, constituíronse 129.240, un 3,3 % menos que no trimestre anterior, aínda que o importe medio por vivenda financiada marcou un novo máximo histórico, con 176.453 euros, tras un incremento trimestral do 2,3 %.

Fonte.- Registradores de España