O concello de Baiona estrea as súas primeiras vivendas públicas temporais para veciños sen fogar

O concello de Baiona estrea as súas primeiras vivendas públicas temporais para veciños sen fogar

As primeiras vivendas municipais de emerxencia social do Concello de Baiona estarán dispoñibles nos próximos días para os veciños que se quedaron sen fogar. Son os dous vellos pisos de mestres de Sabarís que o Concello rehabilitou para ofrecer un teito a cidadáns que non dispoñan de recursos para acceder a un teito de maneira urxente. O Concello permitirá utilizalos durante un máximo de 6 meses prorrogables outros 3 en caso de necesidade.

Os demandantes deberán solicitar o acceso a estas vivendas a través do departamento municipal de Servizos Sociais, que será sempre o encargado de valorar cada situación. Así, poderán acceder aqueles veciños empadroados que sufrisen un sinistro grave na súa vivenda como un incendio ou unha inundación, un desafiuzamento, relacións familiares insustentables pola existencia de malos tratos físicos ou psíquicos ou aqueles a os que se lles declarou a ruína inminente da súa casa.

Fonte | Faro de Vigo