O concello de Betanzos abre unha nova liña de axudas a familias vulnerables para vivenda de ata 300 euros ao mes

O concello de Betanzos abre unha nova liña de axudas a familias vulnerables para vivenda de ata 300 euros ao mes

O Concello de Betanzos abriu unha liña de axudas dirixida a familias afectadas pola pandemia de COVID-19 dirixidas ao pago da vivenda habitual e á compra de equipos informáticos con fins educativos. 

O orzamento total dedicado a estas subvencións por parte do concello ascende a 132.500 euros e conta cunha achega da Deputación a través do programa provincial POS+Adicional.

A liña concreta de axudas para o pago da vivenda habitual conta cun orzamento de 82.500 euros e está dirixida a familias nunha situación vulnerable, tanto inquilinos con dificultades para pagar o alugueiro como propietarios que non poden facer fronte ao préstamo hipotecario, cunha contía máxima por beneficiario de 300 euros ao mes e por un período máximo de catro meses.

Fonte | La Opinión Coruña